3 de novembro de 2026
Diario Belesar O xornal do CEIP Plurilingüe de Belesar
5º Primaria

Maxia, creatividade e disfraces no Samaín de 5º de Primaria

A clase de 5º de Primaria encheuse de personaxes misteriosos para festexar o Samaín con diversas actividades creativas. Entre redaccións sobre os seus disfraces, comecocos terroríficos, desfile, merenda e un obradoiro de vasoiras, as nenas e nenos compartiron un día inesquecible.

30/10/2026 · Ana Rodríguez

Grupo de escolares con disfraces variados de Samaín pousando xuntos.
Ilustración co texto «A biblioteca ten equipo!» e «RADIO BELESAR», xunto a un libro aberto, un micrófono con auriculares, pilas de libros e ondas de son. Actividades de centro · 5º Primaria · 6º Primaria

A biblioteca ten equipo: o alumnado colaborador protagoniza un novo episodio de Radio Belesar

O alumnado colaborador de 5.º e 6.º de primaria protagoniza unha nova entrega en Radio Belesar, conversando con Pablo sobre as tarefas e a dinamización da biblioteca escolar. No programa participan tamén no xogo de improvisación «Misión biblioteca!» para amosar a súa imaxinación e traballo en equipo. Xa podes escoitar o episodio premendo na seguinte ligazón: https://radio.ceipbelesar.org/episodio/episodio-20261030-biblioteca-equipo

30/10/2026

Unha eiruga sobre unha folla. 3º Primaria

Con ollos de naturalistas: 3º de Primaria investiga as bolboretas

O alumnado de terceiro de Educación Primaria converteuse en auténtico equipo de naturalistas para investigar ovos e eirugas na contorna escolar. Equipados con cadernos de campo, aprenderon a respectar a vexetación e continuaron a experiencia na aula coa montaxe dun mariposario para observar o ciclo da vida.

26/10/2026

O alumnado concentrado mentres realiza o ditado por parellas. 5º Primaria

Ditado a medias: escribir e aprender en equipo

O alumnado realizou o seu primeiro ditado por parellas na clase de Lingua Castelá, compartindo frases e revisando os textos conxuntamente. Ademais de traballar a ortografía, as nenas e nenos dedicáronse mensaxes de ánimo para aprender dende o respecto e a empatía.

26/10/2026

O alumnado colaborando no gran papel durante o proceso de pintura do mural. 3º Primaria

A maxia do outono medra nun mural colectivo en terceiro de Primaria

O alumnado de 3º de Educación Primaria deseñou un fermoso mural colectivo dedicado ao outono. Tras crear unha frase e escoller palabras e cores para representalo, traballaron xuntos durante dúas xornadas no papel conxunto. Esta actividade permitiulles unir a expresión plástica e a Lingua Galega a través da cooperación.

21/10/2026

O alumnado participa nunha dinámica de grupo para fomentar a cohesión e dar a benvida ás novas compañeiras. 3º Primaria

Un inicio de curso cheo de enerxía e creatividade no CEIP Plurilingüe de Belesar

A primeira semana no CEIP Plurilingüe de Belesar estivo cargada de ilusión, con propostas para reforzar a cohesión do grupo e dar unha cálida benvida ás novas alumnas. Destacou a creación colaborativa do fondo de escritorio da aula, que mestura creatividade manual e intelixencia artificial, xunto co inicio de novos contidos en Matemáticas e Ciencias Sociais. En breve anunciarase a reunión de familias para compartir todos os detalles.

24/09/2026