3 de novembro de 2026
Diario Belesar O xornal do CEIP Plurilingüe de Belesar
← Portada

Un obradoiro de vasoiras naturais para descubrir a verdadeira historia do Samaín

O alumnado de 3º a 6º de Primaria elaborou vasoiras con elementos vexetais mentres afondaba no papel histórico das menciñeiras medievais.

30/10/2026 · Iria

Persoas adultas con disfraces e sombreiros amosando elementos vexetais e paus no patio cuberto.
Persoas adultas con disfraces e sombreiros amosando elementos vexetais e paus no patio cuberto.

Con motivo da celebración do Samaín e en conexión co proxecto sobre a Idade Media que se desenvolve no centro, as nenas e nenos de 3º a 6º de Educación Primaria participaron nun obradoiro de vasoiras naturais cheo de aprendizaxe e creatividade.

Durante a sesión, as rapazas e rapaces traballaron con diferentes elementos recollidos da contorna como paus, xestas, elementos vexetais e cordas para dar forma ás súas propias pezas artesanais de xeito cooperativo.

Esta proposta serviu tamén para reflexionar sobre o tópico tradicional das bruxas e as vasoiras. Explicouse que aquelas mulleres eran en realidade curandeiras e menciñeiras que posuían amplos coñecementos sobre plantas e follas para axudar a sandar doenzas e coidar da súa comunidade.

Segundo se transmitiu na actividade, estas persoas adoitaban colocar unha vasoira na porta das súas vivendas como sinal identificativo para que a veciñanza puidese recoñecer onde vivían e acudir na procura de axuda médica ou remedios tradicionais.

Mesa con caixas que conteñen piñas, landras, tesoiras, fitas e cordas preparadas para o taller.
Mesa con caixas que conteñen piñas, landras, tesoiras, fitas e cordas preparadas para o taller.
Escolares atando polas e elementos vexetais a paus sobre unha mesa branca.
Escolares atando polas e elementos vexetais a paus sobre unha mesa branca.

#CEIPBelesar, #Samaín, #IdadeMedia, #Obradoiro