Actividades de centro · 5º Primaria · 6º Primaria
O alumnado colaborador de 5.º e 6.º de primaria protagoniza unha nova entrega en Radio Belesar, conversando con Pablo sobre as tarefas e a dinamización da biblioteca escolar. No programa participan tamén no xogo de improvisación «Misión biblioteca!» para amosar a súa imaxinación e traballo en equipo. Xa podes escoitar o episodio premendo na seguinte ligazón: https://radio.ceipbelesar.org/episodio/episodio-20261030-biblioteca-equipo
30/10/2026
Actividades de centro · 1º Primaria · 2º Primaria · 3º Primaria · 4º Primaria · 5º Primaria · 6º Primaria
O alumnado de 1º a 6º de Primaria prepárase para a chegada de Halloween dende as materias de Inglés e Arts. Inspirándose en varios contos en lingua inglesa, as nenas e nenos crearon bruxas, monstros e unha mansión terrorífica para o mural do cole.
30/10/2026
Actividades de centro
Abrimos as portas de Radio Belesar a través dunha nova serie de dez entregas divulgativas. Descubriremos o camiño completo desde a idea inicial ata a publicación final dos programas en iVoox.
28/10/2026
Destacada
Actividades de centro
Esta semana, a música do noso centro convida a toda a comunidade a falar, bailar e compartir dende primeira hora da mañá. Os temas escollidos acompáñannos ao longo da xornada para facer que a escola soe mellor. Podes escoitar a selección na ligazón: https://open.spotify.com/playlist/0StDLm0xDtwCikXiZbWAfP
22/10/2026
Actividades de centro
O claustro de mestres e mestras do CEIP Belesar participou nunha xornada de formación sobre a Idade Media, dirixida polo divulgador José Valtierra. Esta iniciativa enmárcase no Proxecto Documental Integrado "Arribando na Idade Media", co obxectivo de profundar nesta época e ofrecer ao alumnado unha visión máis completa da nosa historia.
06/10/2026
Actividades de centro
O CEIP Plurilingüe de Belesar estrea esta semana un orixinal timbre musical, enchendo os seus corredores con melodías que van desde clásicos do rock ata temas galegos. Esta iniciativa busca facer máis amenos os cambios de clase e as entradas, creando un ambiente máis acolledor e estimulante para toda a comunidade educativa.
24/09/2026