3 de novembro de 2026
Diario Belesar O xornal do CEIP Plurilingüe de Belesar
Sección

6º Primaria

Persoas adultas con disfraces e sombreiros amosando elementos vexetais e paus no patio cuberto. 3º Primaria · 4º Primaria · 5º Primaria · 6º Primaria

Un obradoiro de vasoiras naturais para descubrir a verdadeira historia do Samaín

O alumnado de 3º a 6º de Educación Primaria participou nun obradoiro de vasoiras naturais empregando paus, xestas, follas e cordas para celebrar o Samaín. A actividade serviu tamén para desmontar mitos e coñecer o labor que realizaban as antigas menciñeiras na Idade Media.

30/10/2026

Ilustración co texto «A biblioteca ten equipo!» e «RADIO BELESAR», xunto a un libro aberto, un micrófono con auriculares, pilas de libros e ondas de son. Actividades de centro · 5º Primaria · 6º Primaria

A biblioteca ten equipo: o alumnado colaborador protagoniza un novo episodio de Radio Belesar

O alumnado colaborador de 5.º e 6.º de primaria protagoniza unha nova entrega en Radio Belesar, conversando con Pablo sobre as tarefas e a dinamización da biblioteca escolar. No programa participan tamén no xogo de improvisación «Misión biblioteca!» para amosar a súa imaxinación e traballo en equipo. Xa podes escoitar o episodio premendo na seguinte ligazón: https://radio.ceipbelesar.org/episodio/episodio-20261030-biblioteca-equipo

30/10/2026

Varios escolares coloreando figuras en láminas sobre unha mesa con lapis de cores e tesoiras. Actividades de centro · 1º Primaria · 2º Primaria · 3º Primaria · 4º Primaria · 5º Primaria · 6º Primaria

Creatividade monstruosa para preparar o Halloween no CEIP Belesar

O alumnado de 1º a 6º de Primaria prepárase para a chegada de Halloween dende as materias de Inglés e Arts. Inspirándose en varios contos en lingua inglesa, as nenas e nenos crearon bruxas, monstros e unha mansión terrorífica para o mural do cole.

30/10/2026

← Volver á portada