3 de novembro de 2026
Diario Belesar O xornal do CEIP Plurilingüe de Belesar
← Portada

Ditado a medias: escribir e aprender en equipo

A aula de Lingua Castelá acolleu unha fermosa dinámica de ditado por parellas, onde a cooperación e o apoio mutuo foron os grandes protagonistas.

26/10/2026 · Ana Rodríguez

O alumnado concentrado mentres realiza o ditado por parellas.
O alumnado concentrado mentres realiza o ditado por parellas.

A aprendizaxe da ortografía pode converterse nunha experiencia compartida e moi enriquecedora. Hoxe, na materia de Lingua Castelá, as nenas e nenos viviron o seu primeiro ditado por parellas, unha proposta que demostrou ser moito máis ca un simple exercicio de non cometer faltas.

A dinámica organizouse dun xeito moi colaborativo: o texto dividiuse en dúas partes e cada membro da parella tivo a misión de ditarlle as súas frases ao compañeiro ou compañeira. Deste xeito, a atención e a comunicación foron fundamentais dende o primeiro minuto.

Unha vez rematada a escrita, chegou a quenda de revisar e corrixir xuntos. Coa axuda mutua como guía, cada parella repasou con lupa o traballo co obxectivo de acadar o mellor resultado posible a través do diálogo e a cooperación.

Non obstante, a actividade gardaba un compoñente aínda máis especial. Entre corrección e corrección, o alumnado adicouse mensaxes de ánimo, demostrando que detectar erros é importante, pero facelo con paciencia, respecto e palabras agarimosas axuda moito máis a medrar e mellorar.

Grazas a esta iniciativa traballáronse aspectos lingüísticos como a ortografía, a comprensión e a revisión textual, pero sobre todo potenciáronse valores esenciais como a escoita activa, a cooperación e a confianza nos demais.

Momento de revisar e corrixir xuntos o texto escrito.
Momento de revisar e corrixir xuntos o texto escrito.
Detalle das mensaxes de ánimo e apoio escritas nas follas de traballo.
Detalle das mensaxes de ánimo e apoio escritas nas follas de traballo.

#CEIPBelesar, #quinto, #miprofeana, #belesarfeliz, #belesarmola, #EducaciónPrimaria