3 de novembro de 2026
Diario Belesar O xornal do CEIP Plurilingüe de Belesar
← Portada

Unha píntega no recreo: pequena expedición científica do alumnado de quinto

Durante o tempo de lecer, as nenas e nenos de 5º de primaria atoparon un exemplar de píntega e aprenderon sobre as súas defensas antes de levala ao seu hábitat.

25/10/2026 · Pablo Nimo

O alumnado de 5º de primaria reunido observando atentamente a píntega atopada no patio.
O alumnado de 5º de primaria reunido observando atentamente a píntega atopada no patio.

A curiosidade e o respecto polo medio ambiente foron os grandes protagonistas durante o recreo grazas a un inesperado achado. O alumnado de quinto de primaria deu cunha fermosa píntega mentres xogaba no patio, un encontro que captou de inmediato o interese de todas e todos os presentes, que non dubidaron en deterse a contemplala de preto.

Durante uns intres, os escolares estiveron observando con gran detemento o animal e abriron un interesante debate sobre se era ou non velenosa. Dentro da expectación xerada, varios cativos tiñan moi claro que non se trata dunha especie velenosa, senón que o seu mecanismo de defensa consiste en segregar unha substancia branca visible que pode chegar a ser tóxica ou irritante ao contacto coa pel humana.

Tras reflexionar conxuntamente sobre cal era o procedemento máis axeitado e respectuoso para axudar ao animal, decidiuse pasar á acción. Deste xeito, coordinouse unha expedición express cara á charca localizada xusto ao carón do recinto escolar, onde procederon a ceibala con agarimo para garantir a súa seguridade no seu hábitat natural.

Detalle da píntega e da substancia branca protectora que segrega pola pel.
Detalle da píntega e da substancia branca protectora que segrega pola pel.
Momento no que as nenas e nenos ceiban a píntega na charca próxima ao colexio.
Momento no que as nenas e nenos ceiban a píntega na charca próxima ao colexio.

#CEIPBelesar, #EducaciónPrimaria, #CienciasNaturais, #RespectoPolaNatureza, #Biodiversidade