25 de novembro de 2026
Diario Belesar O xornal do CEIP Plurilingüe de Belesar
← Portada

💗 O amor é sempre de cor rosa?

24/11/2026 · Ana Rodríguez

Hoxe tivemos unha sesión moi especial da man do CIM de Baiona, na que reflexionamos sobre o amor, as relacións e os mitos que ás veces temos interiorizados.

Falamos e debatemos sobre algunhas ideas que nos fixeron pensar:

💭 Os celos son unha mostra de amor?

💭 O amor cambia as persoas?

💭 Podo seguir tendo as miñas amizades?

💭 Teño que compartir os meus contrasinais coa miña parella?

Despois, por equipos, analizamos diferentes situacións, puxemos en común os nosos puntos de vista e intentamos atopar solucións aplicando todo o que aprenderamos.

Para rematar, cada quen escribiu nun corazón unha das aprendizaxes que quería levar consigo e decorouno con moito agarimo. ❤️

Unha sesión para lembrar que o amor non debe controlar, limitar nin afastarnos de quen somos. Querer tamén é confiar, respectar, escoitar e deixar espazo para ser nós mesmos.

Moitas grazas ao CIM de Baiona por acompañarnos nesta reflexión tan necesaria! 💜

#miprofeana #quinto #belesarfeliz #belesarmola

💗 O amor é sempre de cor rosa?
💗 O amor é sempre de cor rosa?
💗 O amor é sempre de cor rosa?
💗 O amor é sempre de cor rosa?
💗 O amor é sempre de cor rosa?