25 de novembro de 2026
Diario Belesar O xornal do CEIP Plurilingüe de Belesar
← Portada

Máis que palabras: aprendemos a descubrir os segredos das noticias

O alumnado de 5º de Primaria mergúllase no mundo da información para analizar noticias reais a través de seis preguntas clave.

17/11/2026 · Ana Rodríguez

Nunha nova sesión de Máis que palabras, o noso alumnado de 5º de Primaria achegouse un pouco máis ao mundo da información. Durante a actividade, descubriron que calquera texto xornalístico debe responder a seis preguntas fundamentais para que poidamos comprender ben o acontecido: que, como, cando, onde, por que e quen.

Unha vez coñecidas estas claves, chegou o momento de poñelas en práctica. A aula organizouse en equipos de traballo para investigar e manexar noticias reais de xeito colaborativo.

O proceso comezou cunha lectura grupal orientada a entender en profundidade o contido de cada peza. A continuación, cada grupo completou unha ficha específica na que tiveron que rastrexar e sinalar as respostas a esas seis interrogantes básicas.

Esta proposta constituíu un completo exercicio de lectura comprensiva, atención e análise crítica. As nenas e nenos comprobaron que ler unha noticia non consiste unicamente en pasar os ollos polo texto, senón en interpretala, comprendela e saber identificar con claridade a información máis relevante.

Dúas alumnas sentadas nunha mesa da aula completando unha ficha sobre un folio impreso.
Dúas alumnas sentadas nunha mesa da aula completando unha ficha sobre un folio impreso.
Tres escolares reunidos arredor dunha mesa falando sobre uns papeis impresos.
Tres escolares reunidos arredor dunha mesa falando sobre uns papeis impresos.
Tres escolares sentados nun sofá lendo follas de papel diante dun taboleiro con recortes de prensa.
Tres escolares sentados nun sofá lendo follas de papel diante dun taboleiro con recortes de prensa.

#CEIPBelesar, #MáisQuePalabras, #ComprensiónLectora, #5ºPrimaria